Especialistas Hípica Celta presenta “Gran espectáculo da maxia celta”

Por 16 Agosto, 2021 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da Compañía Especialistas Hípica Celta o vindeiro sábado 21 de agosto ás 20:00 horas na Praza do Parque. Presenta o seu espectáculo de rúa “Gran espectáculo da maxia celta”.

Espectáculo recomendado para todos os públicos.

Esta actividade pertence ao Programa Cultura no camiño 2021 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.