Skip to main content
Novas

Convocatoria de becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2021/2022 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios

By 18 Agosto, 2021No Comments

Dende o 3 de agosto está aberto o prazo para a tramitación das becas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional, destinadas a aqueles estudantes de niveis postobrigatorios: formación profesional, bacharelato, ensinanzas artística e deportivas, escolas oficiais de idiomas e estudos universitarios, entre outros.
O prazo de presentación remata:
– O 30 de setembro para estudos non universitarios.
– 14 de outubro para estudos universitarios.
A tramitación da beca realízase a través de formulario on-line no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html Nesta web encóntrase, ademais, toda a información necesaria sobre tipos de becas, contías e requisitos de acceso.
Para recibir máis información, consultar dúbidas ou recibir axuda para a tramitación pódense dirixir ao servizo de educación familiar do concello. Contacto: educadora@rodeiro.gal ou no tlf. 986790009