O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo da Compañía Especialistas Hípica Celta o vindeiro venres 5 de agosto ás 21:00h. Na Avda. Gumersindo Areán o seu espéctaculo A Forza Da Queimada.
Unha mostra da nosa terra galega coa actuación do actor Bruxo e a súa meiga que invocarán aos deuses celtas a través do lume, a música e a forza escénica, onde mesturarán a tradicional queimada coas novas tendencias escénicas.
Conservando en todo momento a exaltación da nosa terra galega a través dos feiticeiros e meigas, a Santa Compaña, a Queimada…. Os actores interactúan co público facéndoos parte do espectáculo.
Esta actividade pertence o programa ao Programa Cultura no Camiño 2022 organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e pola AGADIC da Conselleria de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.