Cine na rúa presenta “Peter Rabbit 2”

Por 1 Agosto, 2022 Novas

O Concello de Rodeiro organiza unha actividade cultural de Cine na rúa. Proxectarase a película “Peter Rabbit 2” o vindeiro venres 5 de agosto ás 22:30 horas na Praza do Parque. Está indicada para todos os públicos. Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.