DOMINGO 14 FEBREIRO
DESFILE. O Concello de Rodeiro organiza o tradicional desfile do Entroido o domingo 14 de febreiro a partires das 18:00 horas. O lugar de xuntanza e saída das carrozas será a Avda Aviador Gumersindo Areán.
CONCURSO DE DISFRACES. Unha vez rematado o desfile polas rúas de Rodeiro, a festa continúa no Pavillón de Deportes, onde terá lugar o concurso de disfraces. Un xurado encargarase de elixir aos mellores disfraces en cada categoría: grupos e individuais.
BAILE. Tamén contaremos coa actuación dun grupo musical para amenizar a festa e o baile de disfraces.
OBRADOIROS. A Casa da Cultura acolle dous obradoiros de elaboración de máscaras e de maquillaxe facial. O obradoiro de elaboración de máscaras terá lugar polas tardes a partires do luns día 8. O obradoiro de maquillaxe facial terá lugar o domingo de entroido de 16:00 a 18:00 horas. Dous monitores de Eduvía de Lalín pintarán de diversos personaxes aos nenos e nenas que o desexen, para integralos na festa do entroido ou para mellorar a caracterización dos seus disfraces.
PREMIOS. Repartiranse premios para o desfile de carrozas e no concurso de disfraces en tódalas categorías.