O vindeiro 6 de maio de 2010 terá lugar ás 16:00 ata as 18:00 un curso de conducción eficiente.
O obxectivo deste curso é realizar un uso máis racional do vehículo, aplicando técnicas que permitan reducir o consumo de combustible e a contaminación ambiental, ademáis de aumentar a seguridade vial e o confort a bordo.
Este curso terá unha parte teórica e outra práctica. Para participar é preciso contar con carné de conducir tipo B (o día do curso é preciso levar orixinal e fotocopia do carné de conducir).
O curso será gratuito.
Inscrición e información:
986790185 | medioambiente@rodeiro.gal