Skip to main content
Novas

Encontros de pais e nais

By 20 Febreiro, 2013No Comments

O Concello de Rodeiro pon en marcha o proxecto denominado Encontros de nais e pais, iniciativa de prevención familiar configurada como unha proposta de formación parental en temas relacionados coa educación das súas fillas e fillos.
Está dirixido a tódolos pais e nais do Concello con menores de idade ao seu cargo.
O principal obxectivo é incrementar a conciencia educativa dos pais e o uso das súas aptitudes para coidar e educar aos seus fillos, potenciando o desenvolvemento de competencias e habilidades educativas.
Créase un espazo de reunión no que se abordarán temas de interese para os pais e nais, como poden ser o uso das novas tecnoloxías, prevención de drogodependencias, educación emocional, relación familia-escola… ou calquera outro proposto polos destinatarios.
A primeira sesión desenvolverase o vindeiro venres 22 de febreiro ás 22:00 h. no Centro Cultural “Manuel Lamazares”.
Esta sesión será para programar os temas e abordar, coñecer as inquedanzas e preocupacións dos asistentes e explicar a metodoloxía que se seguirá.
Ademais de aportar información sobre cada tema, trátase tamén de crear un espazo de intercambio de experiencias e de aprendizaxe activa entre o grupo de participantes.
Para recibir máis información, contactar con Ana Rodríguez, educadora familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.gal

Leave a Reply