O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro luns día 25 de febreiro de 2013, ás 10 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :
1. Aprobación de borradores de actas das sesións anteriores.
2. Moción do grupo municipal do Partido Popular relativa á arbitraxe de consumo e canxe de participacións preferentes e obrigas subordinadas.
3. Moción do grupo municipal socialista relativa ao proxecto de reforma da Lei de Bases de Réxime Local.
4. Moción do grupo municipal socialista relativa á presentación dos resultados dos peches contables dos exercicios 2007, 2008, 2009 e 2010.
5. Moción do concelleiro Sr. Lamazares Casero relativa á xestión ecolóxica e sustentable do lixo.
6. Rogos e preguntas.