O proxecto Enxame é o nome que elexiron os rapaces e rapazas que participan nas actividades que se desenvolven de luns a venres no CPI polas tardes e que se inclúen dentro do programa Enrédate (programa cofinanciado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).
Dende que se puxeron en marcha as actividades o 10 de setembro nas instalacións cedidas polo CPI, están participando nas mesmas un total de 40 rapaces e rapazas de entre 3 e 16 anos.
Os menores están divididos en 2 grupos por tramos de idade: de 3 a 7 anos (14 participantes) e de 8 a 12 anos (21 participanes). Realizan actividades diferenciadas adaptadas á súa idade. Hai un tempo de estudo, obradoiros de manualidades, actividades deportivas (patinaxe e fútbol), xogos e dinámicas.
Ademáis, paralela a estas actividades estase a desenvolver unha aula de reforzo educativo á que acoden 6 menores de entre 10 e 16 anos que presentan dificultades de aprendizaxe: neste espazo traballan de forma individualizada para que aprendan técnicas e destrezas que lles permitan mellorar o seu rendemento académico.
Realízase tamén obradoiros relacionados coas novas tecnoloxías e as matemáticas dirixidos a rapaces de entre 10 e 16 anos no que se traballan destrezas e habilidades realacionados con eses ámbitos.
Valórase o comezo deste servizo como un gran éxito, tanto pola alta asistencia como pola variedade e calidade de actividades ofertadas. Aténdese a case un 25% da población de entre 3 e 12 anos de idades do Concello.
É un servizo polo que aposta o Concello de Rodeiro que busca axudar a conciliar a vida familiar e laboral, con un compoñente educativo de fondo que traspasa todas as actividades.
Estase a desenvolver pola entidade Educa Deza, contando con profesionais formados no campo da educación e traballo con menores.