Skip to main content
Novas

DEPOrte Escolas 2017-2018

By 28 Setembro, 2017Agosto 7th, 2019No Comments

O Concello vai participar por quinto ano consecutivo no programa de escolas deportivas provinciais da Deputación Provincial de Pontevedra (DEPOrte Escolas 2017-2018), ofertando as seguintes modalidades deportivas:

  • Fútbol
  • Balonmán
  • Patinaxe

As actividades están dirixidas a nenos/as con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos e desenvolveranse entre os meses de outubro de 2017 e maio de 2018 en instalacións de titularidade municipal.

A iniciativa é completamente gratuíta para os participantes e o prazo inicial de inscrición remata o vindeiro día 11 de outubro. Para elo os interesados deberán cumprimentar a correspondente folla de inscrición segundo o modelo que se adxunta. Porén, o prazo permanecerá aberto durante todo o curso escolar condicionado a existencia de prazas vacantes.

Solicitude escolas deportivas provinciais 2017

Información complementaria