O Concello de Rodeiro dará comezo o vindeiro día 2 de outubro un curso de informática onde se impartirán os coñecementos básicos para uso dun ordenador. Terá lugar na aula de informática da Latiza.
O prazo de inscrición rematará o 29 de setembro.
Na descarga asociada poderedes atopar a solicitude para presentar no rexistro do Concello previo pago da taxa de 5€ en calquera das oficinas bancarias de Rodeiro.
Máis información: info@rodeiro.gal