Skip to main content
Novas

Cursos de prevención de riscos

By 22 Outubro, 2013No Comments

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral pon en marcha un programa de introdución da cultura preventiva no ámbito rural que executa accións formativa en diversas zonas de Galicia. O plan de zona para o Concello de Rodeiro determina a posibilidade de que calquera veciño maior de idade, ocupado ou desempregado na actividade a que se dirixe o curso, poida particiapar nas seguintes actividades formativas.
1. Curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola.
Lugar de impartición: Lalín
Datas de realización: do 11 ao 15 de novembro
Período de inscrición: ata o día 4 de novembro.
2. Curso de prevención de riscos laborais en pequenas explotacións agrogandeiras.
Lugar de impartición: Silleda
Datas de realización: do 18 ao 22 de novembro
Período de inscrición: ata o día 11 de novembro.

As solicitudes poderán presentarse cubrindo o formulario anexo ben por FAX no 981590988 ou por correo electrónico desenvolvementorural.issga@xunta.es.

Máis información no teléfono 981591012, na páxina web http://issga.xunta.es/portal/contido/avisos/aviso_0015.html ou no propio Concello de Rodeiro (Jorge Ojea).

Leave a Reply