O vindeiro 26 de outubro dará comezo unha nova andaina, o Camiño de Fisterra-Muxía.
Consta de dúas etapas. A primeira desenrolarase os días 26 e 27 de outubro, polas terras de Santiago,Negreira e Alveiroa e e a segunda o 9 e 10 de novembro, de Alveiroa, pasando por Fisterra, ata Muxía .
A saída será o día 26 de outubro ás 7:00 h dende a Praza do Concello.
A chegada a Rodeiro será o 27 de outubro, ás 18:00 h aproximadamente.
O prezo para os veciños de Rodeiro empadroados será de 40,00 € e para os demais a cota será de 53,50 €. O prezo inclúe desprazamento ida e volta, aloxamento en hostal, albergue ou pavillón, seguro, credencial de peregrino, cea do sábado e almorzo e xantar do domingo.
A inscrición realizarase dende o día 14 ao 22 de outubro, ámbolos dous inclusive. E poderase facer no ximnasio municipal, no mail deportes@rodeiro.gal ou por Fax no 986790195. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, agás existan prazas vacantes. Non se admiten pagos en metálico.
O ingreso da cota realizarase nas contas bancarias do Concello:
Novagalicia Banco 2080 5438 99 3110100047
Banco Pastor 0072 0454 11 0000100704
A folla de inscrición irá acompañada do xustificante de pago.
As prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición, sempre que se teñan cumprimintados os requisitos.
Unha vez inscritos facilitaráselle unha folla con recomendacións para a ruta.
Na descarga asociada atoparedes a solicitude de inscrición.