Skip to main content
Novas

Convocatoria para o exame teórico da fase de oposición no proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha praza de limpador/a para as dependencias municipais

By 11 Febreiro, 2019Agosto 7th, 2019No Comments

De conformidade co establecido nas Bases do proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha praza de limpador/a para as dependencias municipais, faise público que o Tribunal Cualificador, na reunión celebrada o día 08/02/19, acordou convocar ás candidatas admitidas para a realización do exame teórico da fase de oposición no día, hora e lugar que deseguido se sinala:

DÍA: 15 DE FEBREIRO (venres)

HORA: 10:00 da mañá

LUGAR: Antiga Casa-Escola (hoxe Aula Informática), sita no lugar da Latiza, parroquia de Álceme

Lémbrase que as candidatas deben vir á proba provistas do seu DNI e que a súa realización é obrigatoria, aínda que non eliminatoria. Polo tanto, a presentación á mesma resulta requisito obrigatorio e a non comparecencia producirá a exclusión automática da candidata non presentada do proceso selectivo.