O Concello de Rodeiro disponse a conmemorar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, propoñemos á cidadanía e moi especialmente ao sector educativo a lectura da súa obra literaria. Ademais, a Concellería de Cultura organiza un acto de celebración para o mércores día 27 de febreiro ás 11:30 horas no Centro Cultural Municipal. A compañía de monicreques de Larraitz Urruzola representará a obra “A viaxe de Rosalía”, para todos os públicos.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro e colabora a Deputación Provincial de Pontevedra.