Skip to main content
Novas

Convocatoria do Pleno de organización para o día 7 de xullo

By 4 Xullo, 2011No Comments

O Sr. alcalde asinou no día de hoxe a convocatoria da sesión especial do Pleno do Concello, segundo o disposto no artigo 38 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais, que se celebrará o vindeiro xoves día 7 de xullo, ás 10 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte Orde do Día :

1. Periodicidade das sesións do Pleno do Concello.
2. Coñecemento da constitución dos grupos políticos municipais e designación dos seus voceiros.
3. Creación e composición das Comisións informativas permanentes.
4. Nomeamento de representantes do Concello en órganos colexiados de competencia do Pleno.
5. Delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno Local.
6. Coñecemento das Resolucións da Alcaldía en materia de nomeamento de tenentes de alcalde, membros da Xunta de Goberno Local e delegacións.

Leave a Reply