Skip to main content
Novas

Convocatoria de sesión ordinaria do Pleno do Concello para o vindeiro luns día 2 de xaneiro de 2012

By 29 Decembro, 2011No Comments

O Sr. alcalde asinou a convocatoria da sesión ordinaria do Pleno do Concello que se celebrará o vindeiro luns día 2 de xaneiro de 2012, ás 10 horas da mañá, no salón de sesións da Casa do Concello, de conformidade coa seguinte

Orde do Día :

1. – Aprobación do borrador da acta da sesión anterior.
2. – Aprobación inicial do regulamento de creación de ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Rodeiro.
3. – Aprobación provisional da ordenanza fiscal reguladora da bonificación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica para os vehículos históricos ou aqueles que teñan unha antigüidade mínima de vinte e cinco anos.
4. – Informe da alcaldía sobre o estado de consolidación das partidas orzamentarias de gastos ao remate do exercicio.
5. – Moción do grupo municipal do partido popular relativa ao establecemento do mercado de gando de Santiago no recinto feiral de Silleda.
6. – Rogos e preguntas.

Leave a Reply