Esta actividade está dirixida especialmente a aquelas persoas maiores de 17 anos que abandonasen os estudos sen obter a titulación básica. Hoxe en día o Título de ESO é un requerimento fundamental tanto para o acceso ao mercado de traballo como para o acceso a formación complementaria como ciclos de formación profesional, cursos para desempregados…
O período de matrícula abrangue do 2 ao 16 de xaneiro do 2012, ambos inclusive. No servizo de educación familiar do Concello estará dispoñible o formulario de matrícula para cumplimentar.
As clases desenvolveranse martes e xoves en horario de 20:00 a 21:30 h. no Centro Cultural Manuel Lamazares.
O grupo de traballo será reducido e os horarios poden axustarse ás necesidades e expectativas dos participantes.
Custe da actividade: 20 € mensuais por participante
Para máis información contactar con Ana, educadora familiar. Tfno: 986790185, e-mail: educadora@rodeiro.gal