Skip to main content
Novas

Convocatoria das axudas para o transporte do alumnado 2023-2024

By 30 Maio, 2024No Comments

No Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 30 de maio, publicouse a convocatoria para o curso lectivo 2023-2024 das axudas reguladas pola Ordenanza para a concesión de axudas para o transporte do alumnado do Concello que cursa estudos fóra do termo municipal.

Obxecto e finalidade.- Facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar ás familias polos gastos que teñen que afrontar no desprazamento dos estudantes fóra do termo municipal.
Estas axudas financiaranse con cargo á partida orzamentaria 320/480, co límite de 5.000,00 €.
Destinatarios.- Os alumnos que estean cursando estudos oficiais de Bacharelato ou Formación Profesional en centros públicos que estean situados en concellos limítrofes co de Rodeiro e cumpran os requisitos establecidos na Ordenanza reguladora.
Solicitude e documentación.- As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín  Oficial da Provincia. Para elo deberase empregar o modelo oficial dispoñible na páxina web do Concello -www.rodeiro.gal- e achegar a documentación que se sinala na ordenanza reguladora.
Contía.- Determinarase en función do lugar de residencia do beneficiario de acordo co disposto na ordenanza. No caso de que o número de solicitudes admitidas superen o importe da partida orzamentaria, estes reduciranse de xeito lineal e proporcional ata axustalas ao crédito dispoñible.

Prazo.- ata o 19 de xuño de 2024, incluído.

En todo o non previsto nesta convocatoria respectarase o disposto na ordenanza reguladora, publicada no BOP núm. 244, do 18 decembro de 2015, coa modificación publicada no BOP núm. 93, do 16.05.2017 e, de xeito supletorio na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Modelo de solicitude 2023_24 (pdf)

Anuncio BOP: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/05/30/2024034515

Ordenanza reguladora (pdf)

Modificacion Ordenanza (pdf)