Skip to main content
Novas

Consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións a Cortes Xerais do día 23 de xullo de 2023

By 2 Xuño, 2023No Comments

Entre os días 5 e 12 de xuño do corrente, ambos inclusive, estará aberto no Concello en horario laboral (08:00 a 14:30 horas) o servizo de consulta do censo electoral para as vindeiras eleccións a Cortes Xerais do día 23 de xullo de 2023.

Durante dito prazo poderanse formular reclamacións contra a inclusión ou exclusión no censo electoral. As consultas e reclamacións, no seu caso, deberán facerse persoalmente na Secretaría do Concello, achegando a ditos efectos o DNI ou documento oficial equivalente que inclúa fotografía (pasaporte, permiso de conducir, etc.).

Recoméndase a todos/as os/as veciños/as (de xeito especial aos que exercen por primeira vez o seu dereito de voto neste Concello e aos que cambiaran de domicilio nos últimos meses) que comproben a súa inscrición no Concello, ao obxecto de que poidan exercer o seu dereito ao voto nas eleccións do día 23 de xullo.