Financiado a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Actividade organizada dende a Concellería de Igualdade e impartida por Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social experta en igualdade.
Durante a mañá de hoxe desenvolvéronse obradoiros co alumnado do CPI de Rodeiro dos cursos de 3º, 4º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ESO nos que se traballou dunha forma dinámica a concienciación sobre a identificación de estereotipos de xénero, especialmente nas contornas dixitais, e o fomento de un uso responsable das tecnoloxías. Abordouse a identificación de comportamentos abusivos e violentos e o fomento da empatía e e o respecto en liña na rapazada.