Concurso postais de Nadal

Por 23 Novembro, 2022 Novas

A Concellería de Cultura do Concello organiza unha nova edición do concurso infantil e xuvenil de postais de Nadal. Poderán participar nel os nenos e mozos empadroados no Concello de Rodeiro con idade igual ou inferior aos 18 anos, divididos en tres categorías. O prazo de presentación dos traballos remata o día 30 de decembro do corrente e os premios consistirán en lotes de libros e/ou material escolar a adquirir polo premiado en establecementos de Rodeiro.

As bases do concurso poden consultarse na descarga asociada.

BasesConcursoPostais (pdf)