A Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade para as mañás dos meses de xullo e agosto baixo o título CONCILIA RODEIRO VERÁN 2021.
Esta actividade desenvolverase nas dúas quincenas do mes de xullo e nas dúas quincenas do mes de agosto. Cada quincena será obxecto dunha convocatoria específica.
As actividades están dirixidas a nenos e rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, ambas inclusive.
A programación desenvolverase en horario habitual de 10.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos.
A inscrición da actividade realizarase na Biblioteca Municipal de xeito independente para cada unha das quendas. O prazo para a primeira quenda será entre os días 15 e 30 de xuño, ambos inclusive. O prazo para as sucesivas quendas comunicarase de xeito oportuno antes do inicio das cadansúas quincenas.
Cada inscrito deberá cubrir unha folla de inscrición e aboar o correspondente prezo público, a través de ingreso bancario, antes do remate do prazo de inscrición.
Fíxase un número máximo de dez inscritos para levar a cabo o programa de actividades. No suposto de producirse máis inscricións que prazas existentes, terán preferencia os menores empadroados no Concello e, entre estes, a preferencia establecerase por orde de presentación da ficha de inscrición, sempre que tiveran aboado o prezo público no prazo establecido. Establécese un prezo público de Trinta euros (30,00 €) por inscrito para cada unha das quincenas nas que participen. No suposto de inscribirse de xeito simultáneo varios irmáns, aplicarase unha redución no prezo do segundo inscrito.