O Concello de Rodeiro organiza un concerto didáctico a cargo do grupo musical SON+D2 o vindeiro día 22 de xuño ás 12:00 horas no Centro Cultural Municipal. Esta actuación está enmarcada dentro do programa Camiños de Cultura organizado conxuntamente polo Concello de Rodeiro e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia a través do AGADIC, como acto de remate do curso académico.