O vindeiro sábado 25 de novembro ás 12:30h. dende a Concellería de Igualdade organízase unha concentración na Praza do Concello para manifestar a nosa condena a todo acto de violencia machista e o noso recordo e apoio ás vítimas e as súas familias.
52 mulleres asesinadas pola súa parella ou exparella no que vai de ano é un dato que por si só deixa claro a magnitude e gravidade deste problema na nosa sociedade.
Como comunidade debemos amosar publicamente o nos apoio ás vítimas e o rexeitamento de todo tipo de violencia contra a muller polo simple feito de ser muller e por iso vos invitamos a acudir á concentración que se celebrará o vindeiro 25 de novembro.