Por Resolución do alcalde de data 24 de xuño do corrente foron nomeados membros da Xunta de Goberno Local do Concello os concelleiros/as Cati Somoza Calviño, Rubén P. Quintá Quintá e Ana Belén Calvo Mariño. Asemade, o alcalde procedeu a delegar nese órgano a maioría das competencias da Alcaldía que legalmente resultan delegables.