Cobranza en período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do exercicio do 2008.

Por 24 Marzo, 2008 Novas

Comunícaselles ós contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza do imposto indicado, para o Concello de Rodeiro, será do 1 de abril ó 2 de xuño do ano que andamos, ámbalas dúas datas inclusive, rematando o día 2 de xuño de 2008 no momento de peche da Caixa de cada oficina bancaria.

O imposto poderá satisfacerse, consorte co artigo 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, a través de calquera entidade bancaria ou na Caixa dos Servizos Centrais do ORAL, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ó domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. No caso de perda do devandito instrumento, o obrigado ó pagamento poderá, ata o día 2 de xuño, obter un duplicado na Oficina Periférica da Comarca do Deza (Rúa Garda Civil, 26 baixo. 36500 – Lalín. Tlf. 986 78 04 47), nos Servizos Centrais – Servizo de Recadación (Avda. de Marín, 9-11. Tlf. 986 85 99 93 – 36071 – Pontevedra) o una Oficina Periférica máis próxima ó seu domicilio.

Os contribuíntes que a 15 de maio non tiñesen recibido nos seus domicilios os intrumento de ingreso disporán de prazo ata o 2 de xuño para os solicitar na oficina indicada e efectua-lo pagamento nas entidades bancarias ou nos Servizos Centrais, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento nin impide a utilización da vía de prema.

Leave a Reply