A Xunta de Goberno Local do Concello acordou en pasadas datas á adhesión do Concello aos seguintes programas organizados polo servizo de acción social da Deputación Provincial de Pontevedra :
– Programa “O meu primeiro voo”, dirixido aos alumnos do segundo ciclo da ESO. O Concello subvencionará a cantidade de 30,00 € por cada rapaz inscrito.
– Programa diúrno de carácter lúdico de balnearios, dirixido aos veciños de 50 ou máis anos, aos pensionistas ou situacións de respiro familiar. O Concello subvencionará a cantidade de 32,00 € por cada veciño inscrito.
– Programa “Contacto coa natureza 2008”, dirixido aos alumnos de primeiro de bacharelato. O Concello subvencionará a cantidade de 35,00 € por cada rapaz inscrito.
– Programa de axudas para “mellora de habitabilidade de vivendas”, dirixido a unidades familiares con recursos insuficientes. O Concello subvencionará ata un máximo de 1.241,29 € por axuda aprobada.
Para máis información sobre estes programas poderanse dirixir ao departamento de servizos sociais do Concello, no teléfono 986790185 ou na dirección de correo electrónico traballadorsocial@rodeiro.gal