Skip to main content
Sin categoría

Cayetano Lledó presenta “O circo máxico do Nadal”

By 28 Decembro, 2015No Comments

O Concello de Rodeiro organiza unha actuación de ilusionismo e maxia a cargo de Cayetano Lledó o vindeiro mércores 30 de decembro ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. A representación leva por título “O circo máxico do Nadal”. É un espectáculo familiar apto para todos os públicos no que a parodia, o malabarismo, a comedia e o teatro se mesturan coa maxia. A través deste espectáculo de variedades con ambientación centrada nas festas do Nadal, o protagonista do shoe dálle vida a algún dos personaxes típicos destas data, como Santa Claus, Rudolf…

Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.