Unha vez finalizado o prazo de votación para elixir o cartel gañador deste ano 2021, temos o pracer de anunciar que o Cartel gañador da XI edición é o número 3, con 93 votos de un total de 190 votos emitidos, e a súa autoría corresponde á nosa veciña Raquel Rodríguez Rozas.
Este cartel será a imaxe da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero que se realizará a nivel municipal no ano 2022.
Agradecemos a alta participación deste ano tanto na presentación de carteis coma na votación para a elección do gañador.