Día: 28 de outubro, de 09:30 – 14:00 horas.
Lugar: Parque da Avenida Gumersindo Areán.
A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, activa a segunda fase da campaña “Dálle luz á túa factura”, unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende chegar á cidadanía o contido do recibo eléctrico e consellos para aforrar no consumo de electricidade.
Dita campaña atoparase no Concello de Rodeiro o vindeiro día 28 de outubro, de 09:30 a 14:00 horas, coincidindo co día de feira no núcleo urbano.
Os obxectivos principais que persigue este proxecto son:
- Facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensible para o cidadán, linguaxe non exenta, sen embargo, de rigorosidade.
- Dar a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos.
Para isto elaboráronse distintas ferramentas de comunicación entre as que destaca unha aplicación informática que permite:
- Coñecer máis detalladamente todos os conceptos relacionados coa factura da electricidade: Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC), termo de potencia, discriminación horaria, contadores intelixentes, mercado eléctrico, etc.
- Diferenciar entre cada un dos axentes do sector eléctrico.
- Calcular de xeito personalizado o termo de potencia contratada máis aconsellable en función do equipamento da vivenda.
- Calcular de xeito personalizado a tarifa máis adecuada en función do equipamento da vivenda e do uso do mesmo.
- Extrapolar os resultados con cuantificación económica e ambiental.
- Obter consellos de aforro e eficiencia enerxética en iluminación, electrodomésticos, etc.
- Coñecer os dereitos dos consumidores e ónde se poden formular as reclamacións e trámites relacionados coa factura da luz.
Para acceder á aplicación: http://www.inega.es/informacion/simuladores/
Segue a campaña no Facebook: www.facebook.com/dalleluzatuafactura/