Skip to main content
Novas

Campamentos dentro do programa Acción de Verán 2015 da Xunta de Galicia

By 26 Marzo, 2015Marzo 31st, 2015No Comments

Tódolos rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos poderán apuntarse aos campamentos de verán. Son unha forma divertida e diferente de pasar as vacacións.

As quendas son de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, multiaventura…). Cada campamento desenvolverá actividades moi distintas, como poden ser piragüismo, kaiak, vela, teatro, cine, hípica, colonia de rock, actividades na alta montaña, bicicleta e sendeirismo, entre outras. Cada campamento ten unha temática concreta. Ademais, hai campamentos noutras comunidades autónomas coma Estremadura, Castela e León, a Rioxa, etc.

Este ano como novidade están as Quendas Implíca-T: para mozos e mozas de 14 a 17 anos que engaden un compoñente máis activo e participativo nas que se convinarán actividades de ocio propias da temática do campamento con actividades de voluntariado e participación activa.

Os prezos oscilan entre os 101€ e os 293 €, con descontos do 50% para familias numerosas e do 25% para usuarios/as do carné xove. O prezo inclúe tódolos gastos.

Para a tramitación será necesario o DNI e/ou Libro de Familia e tarxeta sanitaria.

Para maior información sobre as actividades ofertadas e tramitación das solicitudes, poderán achegarse ao Servizo de Educación Familiar do Concello de Rodeiro.

O prazo remata o día 8 de abril de 2015.

Ligazóns recomendadas