O Concello de Rodeiro, como é costume, organizará para os vindeiros días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril as atividades de Semana Santa.
Entre as atividades a destacar teremos contacontos, talleres de manualidades , xogos tradicionais, deportivos, de cooperación, taller de maquillaxe infantil e globoflexia.
As actividades terán lugar no centro cultural municipal “Manuel Lamazares” en horario de 16:00h a 19:00 h.
Será gratuíto e poderán participar todos aqueles nenos maiores de 3 anos.
Para inscrición ou máis información na biblioteca municipal, no teléfono 986790301 ou no correo electrónico biblioteca@rodeiro.gal