A Deputación de Pontevedra oferta, novamente, os Campamentos Polideportivos “Príncipe Felipe”, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento
persoal e social dos rapaces/as que favoreza á vez a comunicación e o dinamismo
multicultural entre eles; un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o
desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos e calquera outra que contribuía a ese obxectivo que se desenvolverán nas seguintes datas:
• Primeira quenda: do 7 de xullo ao 12 de xullo
• Segunda quenda: do 14 de xullo ao 19 de xullo
• Terceira quenda: do 21 de xullo ao 26 de xullo
• Cuarta quenda: do 4 de agosto ao 9 de agosto
• Quinta quenda: do 11 de agosto ao 16 de agosto
• Sexta quenda: do 18 de agosto ao 23 de agosto
Entre as actividades que se realizarán están saídas ao medio natural, tiro con arco, parque multiaventura, deportes en equipo, actividades acuáticas, obradoiros…
Estes campamentos están dirixidos e rapazas e rapaces nacidos entre os anos 2000 e 2007, ambos os dous incluídos.
O prezo da actividade é de 125 € por neno/a. O lugar de realización serán as instalacións do Centro Príncipe Felipe en Ponevedra.
Para máis información e tramitación das solicitudes poden acudir ao Servizo de Educación Familiar ata o vindeiro 26 de marzo de 2014.