Como en anos anteriores, e segundo o convenio establecido entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Rodeiro, ponse en marcha o proceso de recollida de solicitudes de todos aqueles nenos e nenas nacidos entre os anos 2001 e 2006 empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra, que queiran pasar uns días de acampada, cheos de actividades lúdicas e ao mesmo tempo formativas, dentro dun medio natural tan especial como é o de A Lanzada. Entre as actividades están: xogos e deportes, actividades na praia, artísticas, actividades nocturnas, excursións, teatro e contacontos…
As quendas ofertadas son as seguintes:
1ª – Do 22 ao 28 de xuño
2 ª- Do 29 de xuño ao 5 de xullo
3ª – Do 6 ao 12 de xullo
4ª – Do 13 ao 19 de xullo
5ª – Do 20 ao 26 de xullo
6ª – Do 27 de xullo ao 2 de agosto
7ª – Do 3 ao 9 de agosto
8ª – Do 10 ao 16 de agosto
9ª – Do 17 ao 23 de agosto
10ª – Do 24 de agosto ao 30 de agosto
11 – Do 31 de agosto ao 6 de setembro
O prezo desta actividade é de 83,60 €.
Para máis información e tramitación das solicitudes poden acudir ao Servizo de Educación Familiar ata o vindeiro 26 de Marzo de 2014.