Skip to main content
Novas

Campamento de verán Rodeiro de Aventura 2024

By 19 Xuño, 2024No Comments

O Concello de Rodeiro pon en marcha esta nova actividade dirixida á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos.

O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación que complementa o programa xa existente pola mañá durante os meses de xullo e agosto, para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Realizaranse actividades lúdicas, deportivas, na natureza…, ademais de fomentar a educación en igualdade dende a infancia.

Por primeira vez establécense quendas de participación por idades, de cara a ofertar actividades adecuadas e motivantes para cada grupo específico.

As quendas son as seguintes:

1ª quenda entre o 1 e o 12 de xullo para crianzas con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos ou que os cumpran neste ano 2024.

2ª quenda entre o 15 e o 31 de xullo para crianzas con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos ou que os cumpran neste ano 2024.

3ª quenda entre o 1 e o 14 de agosto para crianzas con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos ou que os cumpran neste ano 2024.

4ª quenda entre o 19 e o 30 de agosto para crianzas con idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos ou que os cumpran neste ano 2024.

 

Horario: de 16:00h. a 20:00h de luns a venres non festivos nas instalacións do CPI de Rodeiro..

Ábrese prazo de inscripción dende o día 20 de xuño ata o último día hábil antes do comezo da quenda solicitada.

Establécense un límite de 20 prazas por quenda. O criterio de selección de menores participantes será o seguinte: en 1º lugar as crianzas empadroadas no Concello de Rodeiro do rango de idade de cada quenda, por orde de rexistro de entrada da solicitude de inscrición. En 2º lugar as crianzas empadroadas con idades superiores ao rango de idade da quenda. De quedaren prazas libres, poderán participar crianzas non empadroadas.

As actividades serán gratuítas.

Aqueles menores que xa participaron en programas anteriores só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.

Para recibir máis información das condicións da actividade e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.

SolicitudeCampamentoVeran2024 (pdf)