Cabalgata de Reis 2021

Por 3 Xaneiro, 2022 Xaneiro 4th, 2022 Novas
Os Reis Magos unha vez mais farán acto de presencia no noso concello na tarde do mércores día 5 e farano de xeito presencial e adoptando todas as medidas necesarias para que non haxa risco de ningún tipo.
As Súas Maxestades recibirán aos cativos no PAVILLÓN MUNICIPAL a partir das 17:00 hs. Non se fai o tradicional desfile polas rúas de Rodeiro.
No pavillón para acceder aos reis hai establecido un circuito. A entrada será pola principal e a saída será pola praza que hai diante do edificio polivalente de uso asistencial (enfrente do cuartel da Guardia Civil).
Para evitar aglomeracións establecemos a visita aos Reis Magos por rangos de idade quedando do seguinte xeito:
– de 0 a 2 anos: ás 17:00 h
– de 3 a 5 anos: ás 17:30 h
– de 6 a 11 anos: ás 18:00 h
– de 12 a 15 anos (15 anos incluídos): 18:30 h
No caso de que unha unidade familiar a compoñan varios cativos pregamos que acudan todos no rango de menor idade.
Cada neno vai recoller o seu propio agasallo. Non haberá contacto físico cos Reis Magos pero sí se poderás por exemplo facer fotos.
Pedimos encarecidamente que se respeten estas franxas horarias a efectos de ter as máximas garantías no que a covid se refire.
Melchor, Gaspar e Baltasar espéranvos!