De conformidade coas Bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local, faise público para coñecemento xeral que o prazo de inscrición para o proxecto “Innovation islands: citizenship and solidarity for young as engines of innovation”, que se desenvolverá no municipio de Usini (Italia) entre os días 22 e 26 de abril do corrente, estará aberto entre os días 25 de febreiro e 2 de marzo de 2020, ambos inclusive.
Os/as interesados/as en participar no proxecto deberán presentar a súa solicitude, durante dito prazo e de xeito obrigatorio, utilizando o modelo oficial de folla de inscrición que se adxunta, xunto coa documentación preceptiva. O lugar de presentación será o Rexistro municipal na Casa do Concello, ou ben a través da sede electrónica do Concello (https://rodeiro.sedelectronica.gal/info.0). De utilizar este último medio, deberá cumprimentarse a través do modelo xenérico “instancia xeral”, acompañado asemade da folla de inscrición e documentación esixida.