
O Concello de Rodeiro disponse a conmemorar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, propoñemos á cidadanía e moi especialmente ao sector educativo a lectura da súa obra literaria. Ademais, a Concellería de Cultura organiza un acto de celebración para o xoves día 27 de febreiro ás 11:00 horas no Centro Cultural Municipal. O profesor e escritor Xesús Manuel Valcárcel dará unha conferencia baixo o título: “Rosalía de Castro: vida e obra. Importancia cultural da súa figura”, para todos os públicos.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.