Skip to main content
Novas

Anuncio de publicidade da axuda concedida pola Deputación de Pontevedra para a contratación de desempregados ao abeiro do Plan Concellos 2022

By 21 Febreiro, 2022No Comments

A Deputación de Pontevedra concedeu, por acordo do día 11.02.2022, unha axuda ao Concello de Rodeiro por importe de 116.921,63€ destinada á contratación laboral de 16 desempregados/as para a prestación de servizos de competencia municipal.

Aos efectos do establecido na base décimo oitava da convocatoria, que establece a obrigatoriedade de dar publicidade ás axudas concedidas, e para público coñecemento das persoas desempregadas que puidesen estar interesadas, achégase a previsión anual de incorporacións que se van tramitar a través do Servizo Público de Emprego (oficina de emprego de Lalín) nos vindeiros días de acordo co calendario previsto de incorporacións.

Os servizos que se poñerán en marcha coa contratación destas persoas son os seguintes:

1. “Atención á infancia e aos maiores”

2. “Mantemento de servizos básicos municipais”

Calendario anual de incorporacións, tipo de xornada e duración dos contratos (pdf)

Bases de selección do persoal para o servizo de mantemento de servizos básicos (pdf)

Bases de selección do persoal do servizo de atención á infancia e aos maiores (pdf)