Skip to main content
Novas

Actividades de Nadal 2014

By 19 Decembro, 2014No Comments

Un ano máis por estas datas poñemos en coñecemento de tódolos veciños e veciñas a programación de Nadal para os vindeiros días.Comezamos o sábado 20 polo Campionato Galego Mushing Terra, o V canicross en Rodeiro. Comezará a partir das 15:00 horas.Actividades para os máis cativos, dende 3 a 12 anos, durante os días 22, 23, 26, 29 e 30 de decembro e o 2 de xaneiro, de 10:00 a 13:30 no centro cultural municipal “Manuel Lamazares”. Onde os nenos poderán gozar de talleres, xogos, ginkanas, festas,…As actividades son gratuítas e para apuntarse poderán facelo no 986790301 ou no e-mail info@rodeiro.gal.O venres 26 “contos susurrados” da man de Fátima Fernández, ás 18:00 horas no centro cultural “Manuel Lamazares”.O peche das actividades será o día 5 de xaneiro coa tradicional cabalgata de Reis, que comezará ás 18:30 e sairá da praza do Concello.

Leave a Reply