Skip to main content
Novas

Ábrese o prazo para a participación veciñal para o nomeamento das rúas

By 23 Outubro, 2017Agosto 7th, 2019No Comments

Ata o día 25 estará aberto o prazo para participar no proceso de darlle nomes ás rúas do casco urbano de Rodeiro.

Podedes achegar as vosas propostas a través do mail info@rodeiro.gal, chamada telefónica no 986790185, no rexistro do Concello ou ante o alcalde ou a Concelleira de Urbanismo (Cati Somoza) por calquera dos medios de comunicación habituais.

No mapa que se adxunta como descarga podedes atopar os 21 treitos dos cales habería que poñer nome a 20 deles.

Agradecemos de antemán a colaboración

Plano-rueiro-casco-urban-rodeiro.pdf