No Boletín Oficial da Provincia número 249 correspondente ao día 26 de decembro, publicouse o anuncio da convocatoria das subvencións pola realización de actividades culturais e/ou deportivas no ano 2024. O prazo de presentación das solicitudes remata o día 4 de febreiro de 2025, incluído.
As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, de xeito electrónico a través da sede electrónica do Concello (https://rodeiro.sedelectronica.gal) utilizando o trámite “instancia xeral”, á que achegarán os formularios oficiais que se poden descargar no enlace anexo. Lembramos que se debe presentar unha solicitude individualizada por cada unha das actividades para as que se soliciten subvención, aínda que a documentación xenérica poderán presentala soamente dunha vez.
Formularios oficiais de solicitude e conta xustificativa (pdf)
Convocatoria BOP Culturais (pdf)