Skip to main content
Novas

Aberto o prazo no ano 2025 para solicitar a bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) naquelas construcións nas que se desenvolven actividades agrícolas, gandeiras e/ou forestais

By 16 Xaneiro, 2025No Comments

O Concello de Rodeiro ten introducindo unha bonificación do 95 % da cota íntegra do imposto para os inmobles no que se desenvolvan actividades agrícolas, gandeiras e forestais e que cumpran os requisitos establecidos na Ordenanza reguladora. O texto definitivo foi publicado no BOP núm. 29, correspondente ao día 9 de febreiro de 2018, que se contén como Anexo á presente nova. Nela prevese que este prazo se abra tódolos anos do 1 de xaneiro ao 31 de marzo.

Achégase o modelo normalizado de solicitude para o ano 2025. A utilización do dito modelo normalizado é obrigatorio para a solicitude da bonificación.

A solicitude no modelo normalizado deberá presentarse no Rexistro do Concello ou ben por calquera outro medio admitido legalmente. No suposto de utilizar a sede electrónica do Concello, este modelo deberá presentarse debidamente asinado achegándolle a documentación preceptiva, a través do procedemento “Solicitude de Bonificación ou Exención dun Tributo”.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 2025.

Aqueles expedientes que foron resoltos favorablemente nos anos anteriores manteñen a súa bonificación namentres conserven as circunstancias que as orixinaron, polo que non teñen que reiterar a solicitude.

Modelo de solicitude (pdf)

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/02/09/2018003245