O Concello de Rodeiro organiza o taller “A xestión de residuos en Rodeiro. Punto limpo”
Este taller desenvolverase en dúas sesións, unha para nenos e outra para adultos.
A sesión para nenos, terá unha hora e media de duración e terá lugar o día 3 de novembro de 18:00 a 19:30 na aula de actividades extraescolares do CPI Rodeiro.
A sesión para adultos, terá unha duración de dúas horas e media e terá lugar o día 7 de novembro, de 16:00 a 18:30 no Centro Cultural Manuel Lamazares.
Os talleres serán participativos e informativos. No caso dos adultos realizarase unha visita ao punto limpo.
As persoas interesadas en participar poden realizar a inscrición no teléfono 986 790185