Novas

Rodeiro de tapas

By 13 Novembro, 2026No Comments

Rodeiro prepárase para degustar o outono!

O outono chega a Rodeiro cunha das citas gastronómicas máis agardadas: unha nova edición do RODEIRO DE TAPAS – SABOR DE OUTONO 2026, unha iniciativa impulsada polo Concello de Rodeiro para promocionar a gastronomía, dinamizar a hostalaría local e poñer en valor a calidade e a variedade das propostas dos establecementos do noso municipio.

13, 14, 15, 20, 21 e 22 de novembro

Durante seis xornadas, veciños, veciñas e visitantes terán a oportunidade de percorrer Rodeiro a través dos seus sabores, descubrir diferentes propostas culinarias e desfrutar dunha experiencia gastronómica pensada para compartir, descubrir e, sobre todo, saborear.

Esta iniciativa é tamén unha oportunidade para apoiar o comercio e a hostalaría local, recoñecer o traballo dos profesionais do sector e contribuír á dinamización da vida social e económica do noso concello.

Desde o Concello de Rodeiro queremos animar a toda a veciñanza e ás persoas que nos visiten a participar nesta nova edición, saír á rúa, achegarse aos establecementos participantes e gozar dunha proposta que combina gastronomía, convivencia e promoción do noso territorio.

Porque apoiar o local tamén é unha maneira de facer concello.

Este novembro, temos unha cita co sabor. Temos unha cita en Rodeiro!

Share