
O teatro volve a Rodeiro cunha nova proposta dentro do programa +ESCÉNICAS.
O vindeiro 14 de novembro teremos a oportunidade de gozar de Catorras, da compañía Malasombra Teatro, unha obra protagonizada por Luis Iglesia e Victoria Teijeiro, dous actores que nos farán desfrutar dunha nova noite de teatro.
A representación terá lugar no Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares, ás 21:00 h.
Animámosvos a achegarvos e compartir connosco esta nova cita coa cultura e co teatro. Agardámosvos!