O Concello de Rodeiro tramitou unha axuda para o fomento do emprego entre as persoas mozas desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil neste ano 2026. Esta actuación pretende apoiar a integración das persoas mozas no mercado laboral a través dun programa dirixido a mellorar a súa empregabilidade e inserción profesional. E, ao mesmo tempo, preténdese reforzar o persoal dispoñible en secretaría para a tramitación de expedientes municipais. Deste xeito, a persoa contratada realizará un traballo efectivo que lle procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo e polo outro realizará un traballo de gran interese para a veciñanza. Este programa está financiado nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, dentro do Obxectivo político 4 «Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais», prioridade 5 Emprego xuvenil, obxectivo específico ES04.1. Mellorar o acceso ao emprego e a medidas de activación de todas as persoas demandantes de emprego e, en particular, das persoas mozas, especialmente a través da aplicación da Garantía Xuvenil; das persoas desempregadas de longa duración e os grupos desfavorecidos no mercado laboral, e das persoas inactivas, así como mediante a promoción do emprego por conta propia e a economía social, e a medida 5.A.02. Facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas.