
Xa temos todo listo para a seguinte gran aventura do Tour Cambote. Anótate e ven pasar un día marabilloso connosco o vindeiro 24 de setembro.
O itinerario da nosa ruta inclúe:
- Paseo en barco para ver as bateas do mexillón
- Visita á inconfundible Capela das Cunchas na Illa da Toxa
- Paseo polos históricos e fermosos hórreos de Combarro
Data da excursión: 24 de setembro
Prezo: 20 €
Podes poñerte en contacto ou informarte directamente a través do Concello de Rodeiro (986 79 00 09) ou na Biblioteca Municipal (986 79 03 01).