
O vindeiro 18 de setembro, ás 11:20 horas, o CPI Plurilingüe de Rodeiro acollerá unha proposta musical da man de Mister Cool e Fer Risco.
A actividade contará con música en directo e un obradoiro máxico-musical ao remate da función, unha proposta pensada para achegar a música e o espectáculo ao alumnado dun xeito dinámico, participativo e divertido.